mércores, 30 de decembro de 2015

I'm a mess, Ed Sheeran

3. Latexante corazón.

Se cada simple canción que che escribo
cortara a túa respiración,
escribiríao todo.
Namoraríaste de min aínda máis.
Teriámolo todo. 


Os médicos dixeron que, grazas a miña rapidez en traela ao hospital, ó torniquete que lle fixen no brazo e a sangue que donei para transferirlla a ela, Lydia se ía poñer ben. Tivemos sorte que foramos do mesmo tipo sanguíneo, B-, posto que o pouco tempo que ganamos durante a transfusión directa condicionou ao estado actual dela: fóra de perigo. Fixeron falta unhas 4 ou 5 horas para que os médicos me deixasen a soas con ela na habitación do hospital. 

Séntome derrotado no xa desgastado sillón azul que está a carón da súa cama e decátome de que aínda non fun quen de asimilar o ocorrido, pero estou moi canso e permítome pechar os ollos durante uns minutos.

Esperto de súpeto co ruído dunha máquina que emite un continuo e molesto pitido e o primeiro que vexo son uns ollos cor esmeralda abertos de par en par. Levántome rápido e achégome a ela para acougala antes de que veñan os médicos e lle dean algún noxento medicamento para tranquilizala.
Mentres lle susurro palabras tranquilizadoras ao oído, non podo evitar dirixir a miña mirada ás vendas que ten no pulso da man dereita. Sei quen foron os culpables desta situación, sei que eles falaron con ela e lle meteron na cabeza ideas disparatadas. Cando o médico me preguntou polos pais de Lydia díxenlle a pura verdade: que non ten pais. Só somos ela e eu. 


Sinto como o seu tenso agarre no meu brazo se vai afrouxando, así que sóltoa e achégome un pouco atrás. Quero saber que é o que lle dixeron para que chegase a este punto, pero agora non é o momento. Primeiro vou esperar un par de días para que se recupere e despois xa manteremos unha conversa máis que seria. 

- Descansa e deixa que eu me ocupe dos problemas.- Mentres lle falo busco coa mirada as chaves do meu novo Seat León negro e poño a chaqueta, disposto a ir en busca de novos problemas. Cando as atopo onda a ventá miro para ela e o único que podo ver son uns ollos verdes apagados, sen vida. Prométome a min mesmo que tentarei solucionar isto, pero desta vez para sempre. Doulle un bico na frente e marcho sen mirar atrás, dirixíndome á casa de Adela, e agora de meu pai tamén, por primeira e última vez.  
--------

O último que me esperaba cando cheguei a entrada da casa era que parecese unha casa humilde, cunha típica decoración dunha casa rústica e familiar. Peto tres veces a porta e mentres espero a que me abran miro os meus pés, que están pisando unha alfombra na que están impresas as caras de Adela e de meu pai. Quizais debería rectificar o meu pensamento anterior sobre que parece unha casa humilde...

Os meus pensamentos son interrompidos polo ruído da porta ao abrirse. Miro para arriba e atópome de cara a cara coa miña suposta madrasta, quen está vestindo un mandilón rosa chillón que non fai máis que aumentar a miña irritación. Mírame sorprendida e cos ollos abertos como pratos e pregúntolle se non me vai invitar a pasar, ao que me responde cun lixeiro asentimento coa cabeza e apartando do meu camiño. Antes de entrar a dentro, procuro limpar ben as miñas botas militares no felpudo, sen apartar a mirada da de Adela, quen debe estar alucinando polos meus, aparentemente novos, modais. Pobre ilusa. 

Unhas sorprendentes escaleiras en forma de caracol e de madeira, posiblemente de roble debido á súa cor e robustez, ocupan case toda a entrada principal. Hai unha chea de cadros e, a primeira vista, fíxome que eu non aparezo en ningún. Así me gusta, xa están asimilando que eu non son parte da súa familia. Dende que a miña irmán e a miña nai me deixaron nas mans de meu pai, quen pensei que me apoiaría e que me axudaría a sobrevivir sen o amor dunha nai e sen o amor/odio dunha irmá, non teño unha verdadeira familia. Aínda recordo, como se fose onte, o día no que encontrei a miña irmá morta na cabaña da árbore do patio traseiro de Dylan, o meu mellor amigo naquel entón. 

Ela dixéralle a meu pai que ía levarlle os deberes a Dylan e eu quixen ir con ela pero non me deixou, dixo que era moi tarde e que tiña os deberes sen facer, polo que meu pai me encerrou na habitación para que os rematase e para que eu non lle estorbase no salón. Ese día, cumprira os 16 anos e miña irmá regalárame un libro, envolto no papel do xornal do día anterior, que ,segundo ela, era o libro que me ía ensinar unha lección de vida, que me ía abrir os ollos sobre o mundo e o meu papel nel. E como daquela estaba na miña etapa de rebeldía, enfadárame e tirara o libro de mala maneira sobre un dos caixóns da miña cómoda. Sabía que éramos pobres e que non debería menosprezar un regalo duns, posiblemente, vinte euros pero estaba na etapa de atoparme a min mesmo e quería unha aventura real, non unha mentira atrapada nas letras negras das páxinas dun libro. 

Mentres facía os deberes na penumbra da miña habitación, maldecía ao mundo enteiro por facer que a miña vida chegase a ser o que era naquel entón. Estaba, sobre todo, enfadado co mundo, porque non entendía como podía ser unha persoa tan parva como para refuxiarse no alcohol, nas drogas, no tabaco... nos malos vicios, en xeral, e aínda me cabreaba máis pensar na xente que non fai nada por axudar a esas persoas enfermas. 
De súpeto meu pai abre a porta do meu cuarto.

-Josh, pasa buscar a túa irmá. Estou morto de fame e non hai quen faga de comer nesta casa.- Marcha por onde veu, deixándome a soas no meu cuarto, agora iluminado totalmente pola luz do corredor, cos meus pensamentos rebeldes.
Visto as miñas gastadas Convers, collo a bicicleta que atopei no contedor e reparei eu mesmo fai un ano e diríxome rumbo a casa de Dylan mentres penso que meu pai é un bo exemplo dese tipo de persoa que non fai nada por axudar a alguén necesitado, unha persoa que só pensa en si mesmo e nas comodidades da vida. Onte, aos 15 anos de idade, odiaba con toda a miña alma a meu pai e hoxe, aos 16 anos, doume conta que é o culpable da morte de miña nai, polo que o meu rancor aumenta a uns niveis esaxerados. 
Miña nai tiña os ollos dunha cor negra indeterminable para min. Uns días aseguráballe a mamá que os seus ollos era negros, tan negros como a escuridade, e outros días que eran negros pero con brillantes, ao igual ca unha noite despexada, chea de resplandecentes estrelas no ceo. Naquel entón eu só pensaba que era unha cousa impresionante que miña nai puidese ter os ollos de dous tons distintos; os meus ollos tamén eran parecidos aos de ela pero tiñan toques de cor marrón do meu pai. Non foi ata fai uns poucos anos que descubrín o por que do cambio da cor de ollos de miña nai. Non era algo impresionante como eu pensaba, era unha triste enfermidade, asociada co alcohol e creo que coas drogas. Os días que polas veas de miña nai corría o alcohol e sabe Deus a saber que outras sustancias máis, eran os días que tiña os ollos negros de todo. Ao igual que hai unhas poucas noites despexadas totalmente no ano, a cor dos ollos de miña nai só brillaba en poucas ocasións e significaba que estaba sobria, que era ela mesma. 

Como xa dixen, meu pai non axudaba a ninguén necesitado polo que miña nai afundíase cada vez máis na bebida e ninguén facía nada por axudala. Así é que agora son un rapaz sen nai, a cal decidiu durmir boca arriba no medio da rúa despois dunha borracheira tremenda. Así foi como morreu miña nai. 

O suor escórreme pola caluga abaixo debido a que estou pedaleando cada vez máis rápido, intentado desafogarme e liberarme dos pensamentos que me merodean pola mente. Pero hai unha cousa na miña mente, que por máis que a intente esquecer, ou polo menos apartar, non son quen de facelo. Miña nai dicíame, neses poucos días nos que era miña nai e non unha borracha calquera, que tiña que estudar para poder chegar a ser alguén importante, que non podía marchar nunca da cidade nin abandonar os estudos, que senón estaríalle fallando e que xa non me querería máis. E eu fíxenlle caso. Nos meus 16 anos de vida nunca deixei ningún deber sen facer nin saquei menos dun sobresaínte nas miñas notas. 

Sei que ela está morta pero sei que me sigue amando porque estou a facer o que ela me dixo que tiña que facer. 

Estou tan somerxido nos meus pensamentos que chego a casa de Dylan nun abrir e pechar de ollos. Abro a porta, xa como un da familia e berro por Dylan, quen me saúda dende o sofá. Pregúntolle onde está miña irmá, ante o cal xira a cabeza de súpeto enfrontando a miña mirada.

-Que? Logo non chegou xa a casa?-.
-Xa ves que non. Por algo estou aquí ho.-.
-Pois non sei onde está. Lisca de aquí e déixame en paz, non quero saber nada de túa irmá. Pensa que lle vou mellorala vida e que nos imos casar e ter un final feliz coma nos contos. Xa lle dixen que se olvidara de min pa sempre. Eu son unha alma libre, non quero que unha muller me domine a vida. A min gústame variar, amigo, xa ti sabes.- Deixo ao imbécil do meu mellor amigo coa súa cervexa no salón e diríxome a casa da árbore para botar unha ollada de toda o pobo a ver se logro distinguir a miña irmá. Supoño que Dylan cortaría con miña irmá polas súas palabras. Dáme algo de pena, a verdade. Ela foi quen coidou de min cando miña nai xa non estaba e quen se ocupou das tarefas do fogar e de manter a nosa vida familiar en pé. Chego á entrada e empuxo o meu corpo para entrar adentro de todo e resbalo no chan por culpa de algo, miro ao chan o único que vexo é sangue por todos os lados, máis o corpo inerte de miña irmá... 

Un berro masculino irrompe os meus pensamentos
-Quen é, Adela?!-. Pestanexo varias veces para apartar da miña mente o corpo inerte de miña irmá tirada no chan. Dirixo a miña mirada á sala que está a dereita da entrada principal e diríxome ata meu pai para enfrontarme a el. Adela non se queda atrás e sígueme uns pasos por detrás. Entro a un salón amplo e vexo ao meu pai de pé cerca do fogón de pedra, cun vaso de whisky na man. 

Mostro un sorriso, como o do gato cheshire, e prepárome para cortar os poucos fíos que me unen con meu pai e con todo o meu pasado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario