xoves, 31 de decembro de 2015

Admirando a condición, Sés

Admirando a condición 
do ridículo, do absurdo, do ilóxico... 
Apelando á comprensión...


4. Vitoria perdida.

Estou fronte a fronte con meu pai, preparado para dicirlle todo o que lle tiña que haber dito dende neno, dende que mamá morreu. El deixa o seu vaso na repisa do fogón e achégase a min, emocionado porque o seu único fillo o estea visitando; achégome atrás para que non logre darme unha aperta, cruzo os brazos sobre o meu peito e trago saliva para falar. 
Dígolle todo o que lle tiña que haber dito a meu pai tempo atrás. Que o odio, que non foi un bo pai, nin un bo marido e, polo tanto, non foi unha boa persoa. Confésolle que eu tiña as esperanzas postas nel de neno, que confiaba en que o seu amor ocupase o espazo baleiro que deixou miña nai ao morrer, o cal estivo vacío durante moito tempo, ata que Lydia chegou a miña vida. 
A pesar de que meu pai intenta falar, non lle deixo porque este é o meu momento. Na miña cabeza teño tantas cousas que dicirlle que xa nin sei falar e trabúcome nalgunhas palabras. Tomo unha profunda respiración e comezo a relatarlle a miña historia con Lydia, defendéndoa ante o pasado das nosas vidas. 


- Sei que descubriches quen é Lydia, e por iso fostes os dous falar con ela para culpala, e estou malditamente seguro de que tamén a ameazastes. Non sei que lle contaches exactamente, porque cando cheguei ao piso ela estaba a piques de cortar as súas veas. Ti non sabes o que ela sufriu, papá. Ti dirasme que o teu caso é peor, que perdiches unha esposa e unha filla. Pero ela viviu moitos anos baixo a sombra do que antes era o meu mellor amigo: Dylan. Ela tivo que calar un segredo moi grande e aturar as constantes malleiras de Dylan, dese machista de merda. Posto que non me chamaches despois de ir "visitar" a Lydia, deduzo que ela non cho contou. Acórdaste cando cheguei a casa suando e con bágoas por toda a cara e che dixen que Lydia estaba morta e que deixara unha nota de suicidio na cabaña de Dylan, onde se encontraba o seu corpo inerte? Pois alí, papá, é onde Dylan matou á túa filla. Alí é onde cometeu o seu primeiro asasinato, despois de habela maltratado emocional e fisicamente. A carta de suicidio era falsa, e o moi cabrón non deixou ningunha pista para que a policía pensase que fora un asasinato. Eu non me din conta dos moratóns que ela tiña a maioría dos días porque era un adolescente que pensaba egoistamente no meu e arrepíntome de non haber sido un mellor irmán; pero ti, papá, ti eras maior e non te decataches de nada. Tan só lle falabas para que che preparase a cea, para que che lavase a roupa e limpase a casa, só atendías as túas preocupaciós. A túa filla e a túa muller morreron porque non soubeches facer nada, inútil! E agora tamén me perdiches a min para sempre. Non quero saber nada máis de ti. Xa te aviso agora: non te acerques a min nunca máis e moito menos a Lydia. Sei que Lydia era a irmá de Dylan pero ela non ten nada que ver con el. Ela é mil veces mellor persoa ca ti.-Meu pai vira branco e séntase no sofá. Adela corre onda el para consolalo. Non teño máis que dicirlles así que collo e dou media volta, largándome das súas vidas e rumbo ao único sitio no que quero estar. A carón de Lydia.

/////////////////////////////////////////////////

O radiante sol de California peta con forza na miña caluga mentres miro a Lydia xogar co noso novo can, Toto. Fai apenas un mes e medio que nos mudamos e aínda me quedan moitas cousas por saber de Lydia, así que cada día fágolle unha pregunta. Estou a piques de preguntarlle por qué non me dixo que me coñecía aquel día na voda de meu pai e Adela, cando a encontrei fóra da Igrexa, pero fíxome no tatuaxe da estrela que ten no pulso e rapidamente cambio a miña pregunta.

-Que simboliza a tatuaxe do pulso?.- Ela para de xogar co can e mira para min, mentres un rubor tremendamente sexy cubre as súas meixelas. Acércase a min e confésame algo inimaxinable. 
-Cando era pequena e ti viñas á miña casa, sempre me encerraba na miña habitación porque tiña moita vergoña, pero sobre todo tiña medo de meu irmán. Cando meu irmán non tiña nada que facer viña a miña habitación meterse comigo, algúns días só me insultaba e outros días pegábame, pero cando ti viñas, Dylan esquecíase de min e podía respirar tranquila na miña habitación. Pódese dicir que me rescatabas cada vez que viñas, que non eran poucas veces xa que ti o último que querías era quedar na túa casa co teu pai, do que tantas veces che escoitaba falar con Dylan. Así que rematei por pillar un pequeno frechazo contigo e, anos despois, nun día de borracheira cuns amigos da universidade fomos facer unha tatuaxe. E eu optei por facer unha estrela ... igualiña a marca de nacemento en forma de estrela que ti tes no pulso.- Ela espera pola miña resposta, así que achégoa a min e doulle un apaixonado bico nos beizos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario