venres, 18 de decembro de 2015

II ANIVERSARIO!!!

Boas lectores!!!

Hoxe comunicámosvos de que, despois de tantos días de non aniversairo...HOXE TOCA DÍA DE ANIVERSARIO!!! Sí señor, hoxe facemos as nosas dúas primeiras primaveras. As primeiras de moitas!!!

Por iso, e como motivo de Nadal, imos adicar estes últimos días do ano a facer un Especial. Sí, non volvas atrás releer porque leches ben. Un Especial Aniversario no que imos publicar...

Preparados?!!

1. RECOMENDACIÓNS DE LIBROS PARA REGALAR!!!
Porque xa sabemos que os queremos mmm...tooooooooooooodos, pero hai que comezar polas prioridades.
Por iso, adicamos esta sección a todos os que tendes a alguén especial a quen lle queredes dar un regalo, e precisades algo igual de especial para regalar. E aos que necesitades dunha mensaxe subliminar que deixar aberta por casualidade no ordenador dos vosos pais!!!

2. RESEÑA DE CAZADORES DE SOMBRAS!!!
A través desta nova reseña, mostrarémosvos coma tantas veces a nosa opinión sobre este libro que, dende que se le, fai máis divertido a existencia, e nos recorda que cando nos ataquen seres subterráneos, hai que correr a unha Igrexa, aos pés do altar, e coller as armas.

3. PEQUENA HISTORIA DA NOSA PROPIA COLLEITA!!!
Desta vez imos facer algo diferente xurdido únicamente como motivo do noso II aniversario.
Decidimos así escribir un par de pequenas historias que publicaremos por capítulos durante as datas de Nadal, para sumar outra lectura ás vosas vacacións. 
Os capítulos serán publicados cada tres días, exceptuando o capítulo final que será o 31.

Unha vez máis, animámosvos a deixarnos algún comentario para informarnos da vosa opinión, ou  en caso dalgunha dúbida.

Esperamos que estas novas vos motiven tanto coma a nós e vos quededes en plan...





Ningún comentario:

Publicar un comentario