venres, 27 de novembro de 2015

Xosé Neira Vilas

Hoxe, 27 de novembro de 2015, faleceu Xosé Neira Vilas, escritor galego. A súa obra máis destacada é Memorias dun neno labrego, considerado o libro máis lido da literatura galega que nos fala do rural e da emigración. 

Velaquí vos deixamos un pequeno fragmento:

Entrei na casa.
Non había ninguén.
Semellaba un cemiterio. Unha campa baldeira.
Deiteime na cama. Soñei con Manolito e con meu pai. Os dous andaban a enredar un co outro e o señor divertíase. Mentres, eu choraba. Choraba e ninguén facía caso de min.
Ninguén ollaba as bágoas que me relucían nas fazulas, caían no chan e fuxían cara ó río por entre os renques de millo.  
Pachín seguía á miña beira, como se quexese falarme ou chorar comigo.    
Cando abrín os ollos vin máis de dez cara arredor de min.
Enxuguei as bágoas coa camisa. Pachín fitoume dende a beira da cama. Paseille una man polo pescozo e voltei a dormir.

Hoxe non chora só Balbino, hoxe chora a literatura galega. Hoxe choramos todos. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario