venres, 1 de xaneiro de 2016

Capítulo IV


CAPÍTULO IV



“And nothing I could ever write
would help you understand this life.
There’s so much beauty
when your eyes
lay lost in all the city lights".

Motionless In White


Esa mañá marchou ao norte a outra das súas guerras. Eu dispoñíame ir contarlle outra das miñas historias aos nenos do pobo, que, dende a agresión, víñanme ver ao castelo, interesados por ese outro mundo que sempre protagonizaba os meus pensamentos. O de meu avó ainda era unha ferida aberta. Sempre ía ser unha ferida aberta. Así que lle contei a historia do meu nome, e por primeira vez decateime de canto me gustaba.

-Sabedes de onde ven o meu nome? Meu avó estaba na guerra en Afganistán, de camiño a unha aldea abarrotada de civís que estaba sendo atacada. Cando chegou, os edificios prácticamente estaban derrumbados e a xente corría escandalizada polo que debían ser as rúas. Non tivo que desprazarse moito, cando chegou a onda unha nena que choraba mentras agarraba o brazo dalguén  que parecía ser súa nai, sepultado entre os escombros. En canto meu avó se achegou, a nena parou de chorar, mirouno cos seus enormes ollos marróns, levantouse e marchou correndo, escapando da arma que o meu parente sostiña nas mans. O soldado non tardou en ver que a nena se adentraba nun campo de minas, así que correu detrás dela, berrándolle para que se detivera. A nena seguiu correndo, e para cando quixo darse conta, xa pisara a mina. Xirou a cara na dirección de meu avó, e os seus grandes ollos, afogados en bágoas e cegados polo terror espetáronse nel coma as púas dun toxo. Meu avó doulle instruccións para que non se movese, mentras el ía intentar buscar unha axuda que non existía. Só tivo que retroceder dous pasos, cando viu os boitres sobrevoando a meniña, mentras ela levantaba o pé e todo voaba polo aire, deixando como restos pequeniños cachos que antes debían formar un corpo. Un corpo dunha nena que non vivira máis ca a guerra. Que non vivira. De aí naceu o meu nome. Nashla, significa ollos grandes. Dos ollos grandes da nena que meu avó nunca puido esquecer, e á que lle recordaba.


Despois de que os cativos marchasen, dispúxenme a ir buscar un libro á biblioteca, o que implicaba pasar polo corredor paralelo ao salón real, onde oín aos reis falar co gobernador das terras nas que el estaba loitando.

-Hai que matalo. Estanos a dar demasiados problemas.-oín.

O gobernador asentiu e marchou. Non fixo falla que me explicasen máis. Pasei a porta de lado nun movemento fugaz coa intención de que eles non me visen, pero fallei. Mentras andaba de volta á habitación, xireime numerosas veces para ver se me seguían, e xa case chegara ao segundo piso cando vexo aos gardas atrás. Fun aumentando o paso para acabar correndo e atrancando a porta do cuarto para salvarme. Tiña que pensar rápido para poder escapar e avisalo de que estaba en perigo. Non vin máis vías descape que a ventá, así que, para cando os gardas irrumpiron na estancia, eu xa estaba sentada no borde do balcón lista para saltar, así que iso fixen.

Saltei.

Ningún ser da existencia conseguiría sobrevivir cunha caída desa altura. Mais eu fíxeno. Despois de ser o último que vin o chan, perdín o coñecemento. Polo visto, os nenos aos que entretiña coas historias aínda xogaban no xardín cando me viron caer. Arrastráronme ata os arbustos, onde me esconderon mentras os gardas viñan buscar os meus restos. Os astutos cativos sabían máis de supervivenvia ca eles, así que entre todos dixéronlles que fuxira, e leváronme para a casa do cativo que choraba despois de perder o doce.

Espertei dous meses despois, cando os golpes xa case curaran, pero as roturas non. Informáronme de como estaba o panorama dende a miña desaparición, e descubrín que el estaba inconsciente a causa da traición do seu único amigo que o acompañaba a todas as expedicións, e agora permanecía deitado nunha cama nalgúnha das numeroras habitacións que tiña ese estúpido castelo. Non tiven outra idea dende entón que ilo buscar, pero iso implicaría a miña morte en canto entrase no campo de visualización dalgún vixiante. Para cando por fin me puiden levantar da cama, decateime de que moitos dos aldeáns me viñan visitar, mostrándose preocupados, e pedindo que lles axudase a solucionar a pobreza que, dende que el estaba postrado nesa cama, aumentara e aumentaba considerablemente.  Cando por fin me puiden levantar da cama, pensei en que esa era a miña maior arma: levantar a plebe contra a monarquía para conseguir a liberdade que nunca tiveran. Cando por fin me puiden levantar da cama, emprendín a visita aos meus idolatrados sogros para expoñerlle o meu intercambio.

Toda a corte se sorprendeu cando me viu entrar voluntariamente no salón real. Expúxenlle o meu trato aos reis: a propiedade dunha fortaleza nas aforas da cidade para vivir el e eu e melloras para a poboación acambio de asegurar que non se produza un levantamento. Todos creron que era unha suicida tentando negociar cos monarcas. Estes só se limitaron a rir, mentrar se facían co control da situación expoñéndome as súas condicións.

-Mira neniña, aquí o único trato que che ofrecemos é: ti marchas con Ales para esa fortaleza e non volvedes dar acto de presenza nunca máis, e nós a cambio prometemos non desfacernos de vós. En canto á plebe, se se quere rebelar que o faga. Emprendendo unha represión agresiva teriámolo todo solucionado. Isto é o que hai, ou o tomas ou o deixas.

Non tiña máis opcións, de momento, así que partín para a fortaleza con Ales, soa.
Con moito do noso capital invertido, conseguín que un dos médicos o fixese espertar, e só entón se deu conta de que todo o que lle quedaba era eu.

Pasaron anos ata que puido volver camiñar. Pero foron anos nos que se adicou a pensar unha estratexia para volver ao poder que antes tiña na monarquía, e poder así mellorar a situación da poboación, a cal nos dous anos que pasaran dende o ocorrido disminuíra.

Eu non soupen nada das súas ofensivas. Para min a nosa vida era boa. Ninguén nos molestaba, e axudabamos á plebe como podiamos. Por primeira vez en moito tempo era case feliz. Mais isto non durou moito. Unha das noites, correntes coma as demáis, Ales non se atopaba na casa. Coma sempre funme deitar, pero no que debían ser tres da mañá, alguén entrou no noso cuarto e me tapou a cabeza cunha carapucha.

Para cando me deixaron ver, atopábame no centro da cidade para ser axustizada. O axustizamento non tiña hora, xa que todo se baseaba no momento en que el se dese conta de que non estaba na casa e que, deus, algo malo pasaba.
Debían de ser iso das tres da mañá, cando as láminas de pel caían da miña espalda, cando xa non podía soportar máis a dor e estaba ao borde do abismo, cando Ales chegou e, unha vez máis, xusto antes de que a frecha atravesase o meu peito, os nosos dedos xa case se tocaban. Non foi suficiente. Así que caín, e el colleume, e a sangue saía pola miña boca, e custábame respirar, e el choraba, e estremecíase….

E falaba.

-Sabes como soupen que a miña marca a tiñas ti?-xemiu.- Porque cando che fun levar o debuxo, e te mirei antes de que marchases correndo, vin que estabas rota. Sí, rota. Estabas tan rota coma min, e deus!! Como desexei en canto che vin os ollos que viñeses comigo e que permaneceses rota para sempre. Porque precisaba a alguén roto comigo, que comprendese o irreconstruible que era. E chegaches. Así que perdón. Perdón polo brusco que fun, polos choros, pola liberdade que che quitei, polo teu avó, por todo… Todo foi para que eles soupesen que en realidade eres importante, por que eu… eu… eu quer…

E morrín.

Funme sen saber como seguía, sen dicirlle eu a el o que o quería, sen dicir nada e sentíndoo todo, mentras a lapa da vida se me escapaba. Así que morrín.

E el…


Morreu comigo.




PD.: Rematamos o noso Especial II Aniversario. Esperamos que fose do voso agrado, e sobre todo darvos as GRAZAS por compartir con nós todas estas aventuras entre páxinas, e desexarvos un moi bo 2016!! 

Que a sorte esté sempre da vosa parte!!!! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario