"Orgullo e prexuízo, publicada en 1813, é un clásico da
novela inglesa, ademais dun dos grandes títulos da literatura universal. Obra
que adoita ser definida como unha comedia romántica con certa dose de
melodrama, predomina nela o carácter costumista, en tanto que comedia de
costumes realista, e caracterízase polo recurso á ironía e pola agudeza e
profundidade das análises psicolóxicas dos personaxes.
Porén, un dos seus
grandes valores, a miúdo esquecido, reside na exposición didáctica e crítica da
situación da muller de clase media-alta no sistema patriarcal de principios do
século XIX."
Boas, cibernautas!!!!
Traemos un clásico inglés, Pride and prejudice! Como non, tiñamos que ver que era iso que tiña o Sr Darcy que as ten a todas toliñas, entón dedicimos transportarnos a finais do s.XVIII -comezos do XIX- para ler esta gran historia.
Todo comeza coa chegada do señor Bingley, un home rico que alquila a finca de Netherfield, a Hertfordshire, lugar onde reside a familia Bennet. Esta está composta polo Sr Bennet, a Sra Bennet e as súas cinco fillas: Jane, Elizabeth (ou Lizzie), Mary, Lydia e Catherine (ou Kitty). A Sra Bennet está encantada con que un home con cartos chegue ao pobo, xa que ten unha gran preocupación polo futuro das súas fillas. Isto débese a que ao ser todo mulleres non podían heredar a fortuna familiar, porque sempre tiña que ser un home o que quedara con todo e o que ía quedar con todo viña sendo un primo chamado Sr Collins e as rapazas quedarían desamparadas ao morrer o Sr Bennet polo que a Sra Bennet quere casar a todas as súas fillas. Entón ela ve a oportunidade perfecta de casar a unha delas co Sr Bingley e, para alegría da Sra Bennet, el séntese atraído pola súa filla máis vella , xa que din que é a máis guapa de todas, Jane.
Celébrase un baile en Meryton, un pobo cerca de Hertfordshire, aí as irmáns Bennet coñecen ao Sr Bingley e tamén ao amigo deste, o Sr Darcy. Este mira por enriba do ombreiro a toda a xente, crese mellor ca ninguén por ter máis diñeiro ca eles e tamén toma como que todo o mundo é un inculto, excepto el, que o sabe todo. O Sr Bingley dille que saque a bailar a Elizabeth e este declina a súa proposta alegando que "non a atopa o suficientemente guapa para que mereza a súa atención", a rapaza escoita isto e ,claro está, cabréase (normal). Isto crea un odio contra Darcy que vai crecendo co paso do tempo, xa que hai un personaxeun metemerda que vai facer que aínda empeore máis a imaxe que tiña Elizabeth del.
Despois do baile, a familia Bennet recibe a inesperada visita do Sr Collins, que resulta ser un pedante que non había quen o aguantara e que adora a súa patrona, Lady Catherine de Bourgh, que é tia do Sr Darcy . Viña con intención de casar cunha das súas curmás e elixe a Elizabeth para casar polo que se lle propón; pero ela, claro está, non acepta semellante proposta e, a pesar de que súa nai quere que cambie de opinión, non casa con el. Pero o home non quedou sen casar non, el casa coa mellor amiga de Elizabeth, Charlotte Lucas, unha rapaciña que, miña pobre, é feiña e el ía ser o mellor que ía atopar.
Parecía que todo ía ben na relación Bingley-Jane, pero un día sen máis, el marcha cara a Londres deixando unha Jane triste, xa que lle collera moito aprecio. Ela vai pasar unha tempada a Londres tamén, onde residen seus tios, para animarse algo.
Mentres tanto, Elizabeth decide ir visitar a súa mellor amiga, Charlotte, que agora vive co seu marido, o primo de Lizzie, oparvo Sr Collins. Alí coñece a Lady Catherine de Bourgh e ve que é unha muller moi recta e moi conservadora. O Sr Darcy visita a súa tia mentres Elizabeth aínda está visitando a Charlotte. Entón por esta parte da obra sucede algo que fai que cambien moitísimas cousas e que se empece a desfacer toda esa rede de prexuizos que tiña Elizabeth cara Darcy, polas cousas que lle contaran del, polo orgulloso que era e ademais que ela aínda tiña o ego ferido polo que dixera de ela no baile de Meryton. A partir deste momento a historia segue un rumbo totalmente diferente ao que te esperabas e xa non paras ata acabar co libro!
Teño que dicir que ao principio estaba disgustadísima con Darcy, non había por onde collelo,!! Sería todo o guapo que ti quixeras mais a súa actitude era pésima. Despois de que pasa o que pasa, sintes un cambio nel que non sei como explicárvolo, vólvese unha ricura e daste de conta de que non te podes fiar do que che digan dunha persoa, senón que a tes que coñecer por ti mesma para poder xulgar. Si, houbo momentos que o tería decapitado polas cousas que dicía, pero hai que darlle unha oportunidade ao home. Ademais, ten un don coas palabras e xa sabedes o que din: ás mulleres namórasenos polos oídos!!
Elizabeth, a protagonista deste gran dramón británico, tamén me deixou algunhas veces algo disgustada, porque confiaba demasiado en todo o que lle decían de Darcy e dende que el dixo iso no baile pois, sempre o trata cunha frialdade e xa non intenta nin coñecer o homiño, di que o odia e punto. Pero xa sabedes o que din: do odio ao amor só hai un paso...
Non quero contarvos máis, xa escribín demais. Só queda dicir que é un clásico que non vos podedes perder, que se le moi rápido e que xa sabedes o que tedes que facer...
Ata outra!!!!
Celébrase un baile en Meryton, un pobo cerca de Hertfordshire, aí as irmáns Bennet coñecen ao Sr Bingley e tamén ao amigo deste, o Sr Darcy. Este mira por enriba do ombreiro a toda a xente, crese mellor ca ninguén por ter máis diñeiro ca eles e tamén toma como que todo o mundo é un inculto, excepto el, que o sabe todo. O Sr Bingley dille que saque a bailar a Elizabeth e este declina a súa proposta alegando que "non a atopa o suficientemente guapa para que mereza a súa atención", a rapaza escoita isto e ,claro está, cabréase (normal). Isto crea un odio contra Darcy que vai crecendo co paso do tempo, xa que hai un personaxe
Despois do baile, a familia Bennet recibe a inesperada visita do Sr Collins, que resulta ser un pedante que non había quen o aguantara e que adora a súa patrona, Lady Catherine de Bourgh, que é tia do Sr Darcy . Viña con intención de casar cunha das súas curmás e elixe a Elizabeth para casar polo que se lle propón; pero ela, claro está, non acepta semellante proposta e, a pesar de que súa nai quere que cambie de opinión, non casa con el. Pero o home non quedou sen casar non, el casa coa mellor amiga de Elizabeth, Charlotte Lucas, unha rapaciña que, miña pobre, é feiña e el ía ser o mellor que ía atopar.
Parecía que todo ía ben na relación Bingley-Jane, pero un día sen máis, el marcha cara a Londres deixando unha Jane triste, xa que lle collera moito aprecio. Ela vai pasar unha tempada a Londres tamén, onde residen seus tios, para animarse algo.
Mentres tanto, Elizabeth decide ir visitar a súa mellor amiga, Charlotte, que agora vive co seu marido, o primo de Lizzie, o
Teño que dicir que ao principio estaba disgustadísima con Darcy, non había por onde collelo,!! Sería todo o guapo que ti quixeras mais a súa actitude era pésima. Despois de que pasa o que pasa, sintes un cambio nel que non sei como explicárvolo, vólvese unha ricura e daste de conta de que non te podes fiar do que che digan dunha persoa, senón que a tes que coñecer por ti mesma para poder xulgar. Si, houbo momentos que o tería decapitado polas cousas que dicía, pero hai que darlle unha oportunidade ao home. Ademais, ten un don coas palabras e xa sabedes o que din: ás mulleres namórasenos polos oídos!!
Elizabeth, a protagonista deste gran dramón británico, tamén me deixou algunhas veces algo disgustada, porque confiaba demasiado en todo o que lle decían de Darcy e dende que el dixo iso no baile pois, sempre o trata cunha frialdade e xa non intenta nin coñecer o homiño, di que o odia e punto. Pero xa sabedes o que din: do odio ao amor só hai un paso...
Non quero contarvos máis, xa escribín demais. Só queda dicir que é un clásico que non vos podedes perder, que se le moi rápido e que xa sabedes o que tedes que facer...
Ata outra!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario