xoves, 2 de xullo de 2015

Tres razóns polas que ler... Poetízate

Boas lectores!

Hoxe unha nova edición de Tres razóns polas que ler... e traemos nada máis e nada menos que unha antoloxía poética!!

Falamos de Poetízate, un libro recopilatorio de poemas galegos dende autores do século XIX, coma Rosalía de Castro, ata autores da actualidade, coma Rosalía Fernández Rial!

"A POESÍA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta divertida antoloxía poética demostra o contrario. De Rosalía de Castro ás poetas novas, propoñémosche unha viaxe polos poemas máis próximos, divertidos e desenfadados da poesía galega. Poetízate é un libro pensado para as persoas que non están afeitas a ler poesía. ¿Para que? Para cantar, berrar, recitar, rapear, musicar, rebelarse contra o mundo ou só para falar suave na orella. Este é un libro para sentir, gozar e intuír a poesía. Así que, xa o sabes: poetízate. Espírito e contidos do libro Poetízate –que consta do propio corpus poético, un limiar e unha «visita guiada» a xeito de epílogo– é obra do escritor Fran Alonso e nace coa vocación de levar a poesía ás aulas dun xeito desenfadado e buscando sempre a complicidade e a proximidade co lector ou lectora adolescente. O corpus de «Poetízate» percorre toda a poesía galega desde Rosalía de Castro até a actualidade e consta de arredor de 200 poemas seleccionados de perto de 80 autoras e autores."

Tres razóns:
  1. Unha selección de poemas excelente!
  2. Daste de conta de que a poesía non é incomprensible, só hai que prestar un pouco de atención.
  3. Faiche experimentar todo tipo de emocións, igual ca se fose un libro en prosa.
Deixovos un dos meus poemas favoritos do libro, "Por amor" de Darío Xohán Cabana:

      Por amor nacín da terra.
      Por amor son o que son.
      Por amor canto o meu canto,
      por amor.

      Por amor sángranme os pulsos
      e ábreseme o corazón.
      Por amor dóenme os ollos.
      Por amor, só por amor.

Xa sabedes...


Ningún comentario:

Publicar un comentario