xoves, 23 de abril de 2015

FELIZ DÍA MUNDIAL DO LIBRO!!!!

Boas queridos lectores, tal día coma hoxe celebramos a nivel mundial o Día do Libro despois de 20 anos dende a súa primeira celebración. 

As orixes do Día do Libro están ligadas á Cataluña e á celebración de Sant Jordi, cando os homes regalan unha rosa ás mulleres e estas, un libro a eles. Nun principio celebrábase oficialmente o 7 de outubro en recordo do nacemento de Miguel de Cervantes pero en 1930, esta data foi trasladada para a actual, o 23 de abril.

E preguntarédesvos por que o celebramos exactamente o 23 de abril, va que sí? Pois porque foi este mesmo día de primavera cando o gran Shakespeare, considerado o autor máis importante en lingua inglesa, falece; ao igual que o noso representante máis importante da literatura española (mundialmente coñecido por escribir a primeira novela moderna O Quixote) Miguel de Cervantes, falece; nun 23 de abril tamén nacen escritores como Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Nabokov ou Manuel Mejía Vallejo e celébrase o aniversario do falecemento de Josep Pla.

Finalmente, o 23 de abril de 1995 celebrouse o primeiro Día Mundial do Libro. Este día ten como finalidade promover á lectura, xa sexa destinado aos máis pequenos da casa ou aos adultos e destacar a importancia dos libros como algo vital e necesario. Porque, que seríamos nós actualmente sen a sabiduría que nos aportaron os libros? Sen as risas, as bágoas, a frustración, a impotencia de non poder salvar a algún que outr@ protagonist@, sen as tertulias literarias nas que intentamos exprimir o libro ao máximo para que non se nos escape nada, sen as tolas suposicións que inventamos mentres lemos...? Qué seríamos tod@s nós sen libros...?

PEEEROOOO, tranquil@s, aquí estamos, escribindo unha entrada nun blog literario sobre o Día Mundial do Libro. Así que como especial imos deixarvos aquí unhas cantas fotos sobre as bibliotecas máis IMPRESIONANTES do mundo (algunhas delas, claro. Hai demasiadas bibliotecas fermosas).

1. Biblioteca Nacional de Praga na República Checa



2. Biblioteca do Trinity College de Dublín en Irlanda



3. Biblioteca da Universidade Gheorghe Asachi en Rumania



4. Biblioteca do Real Gabinete Portugués de Lectura, Río de Xaneiro no Brasil


5. Biblioteca da Abadía de Admont, Austria



6. Biblioteca George Peabody, Baltimore no Estado de Maryland (Estados Unidos)


7. Biblioteca Nacional de Francia en París


8.Biblioteca Abbey St.Gallen en Suíza


9. Biblioteca do Monasterio San Florian, Austria


10. Biblioteca da Real Academia Española, Madrid

 

11. Biblioteca de Birmingham, Reino unido 




12. Librería Lello e Irmao, Oporto en Portugal 




13. Biblioteca de Bodleiana, Universidade de Oxford no Reino Unido 






E rematamos cunha biblioteca ben curiosa...

Biblioteca Municipal de Kansas City, no estado de Missouri


Ems, algunha alma caritativa e bondadosa que nos leve a algunha destas bibliotecas, POR FAVOR? 

Ningún comentario:

Publicar un comentario