mércores, 23 de decembro de 2015

Tres razóns polas que ler e regalar... Corredores de sombra

"Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descúbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida."
Boas, queridos lectores!

Vimos recomendarvos un libro perfecto para regalar a calquera persoa adicta a lectura, adicta aos misterios, adicta a aventura, adicta ao amor... Falamos de Corredores de sombra, un libro de Agustín Fernández Paz imprescindible nas estanterías dos nosos lectores. Supoño que xa o teredes e senón o tedes, que facedes que non estades correndo cara a librería a mercalo? 

Este libro non debería de necesitar ningunha razón de por que lelo, pero para os máis indecisos velaquí van tres razóns polas que ler Corredores de sombra:
  1. Ten un misterio que resolver. Agora que se levan tanto as series policíacas, este misterio non pode pasar inadvertido.
  2. Hai romance, a quen non lle gusta ler sobre o primeiro amor?
  3. É de Agustín Fernández Paz, nunca decepciona.
Xa sabedes, agasallo perfecto para estas datas tan sinaladas, non o dubidedes un segundo!


1 comentario: