luns, 7 de setembro de 2015

Reseña: "Crepúsculo" de Stephenie Meyer

"Cuando Isabella Swan se muda a Forks, una pequeña localidad del estado de Washington en la que nunca deja de llover, piensa que es lo más aburrido que le podía haber ocurrido en la vida. Pero su vida da un giro excitante y aterrador una vez que se encuentra con el misterioso y seductor Edward Cullen. Hasta ese momento, Edward se las ha arreglado para mantener en secreto su identidad vampírica, pero ahora nadie se encuentra a salvo, y sobre todo Isabella, la persona a quien más quiere Edward..."

Dear lectores,

Toca o primeiro libro dunha moi popular saga levada ao cine, si señores, Crepúsculo!!!

Bella Swan, unha adolescente de 17 anos, ten que deixar a cidade na que vivía con súa nai, Phoenix, para ir vivir con seu pai (co que ten pouco contacto) en Forks.

Ela é unha adolescente normal, aínda que con pouca vida social, non parece que tivera amigos no seu anterior instituto e como tampouco destacaba polo seu gran físico pasaba desapercibida para todo o mundo. Pero esto cambia cando chega a Forks, alí coñécese todo o mundo e entón todo o mundo a quere coñecer.

No instituto todos son moi amables con ela e rapidamente empeza a facer os primeiros amigos. Éntón aparece un rapaz que lle parece interesante, pero resulta que non parece ter o mínimo interés en coñecela, ou polo menos eso demostraba no seu primeiro encontro. Estou falando de Edward Cullen. El e os seus irmáns gardan distancias do resto de alumnos, non se relacionan con ningún. Todo o mundo pensa que son guapísimos, pero inalcanzables. Edward é o solteiro dos cinco, xa que os outros catro están emparellados, Jasper con Alice e Rosalie con Emmett. Non son irmáns de sangue, todos foron adoptados por Carlisle, un doutor, e Esme, a súa muller.

A Bella, que así é como lle gustan que a chamen, non lle resulta difícil ignorar a Edward, porque el non volve a aparecer na escola nos próximos días ao seu encontro. Mais cando ela xa se estaba relaxando, aparece el para trastocar a súa tranquilidade.

Parece que durante eses días ausentes, Edward tomou a decisión de intentar unha "amizade" con Bella. Aínda que ao principio esta se mostraba reticente, o seu corazón ablandouse e deixoulle entrar a el nel!

Entón a rapaza dase de conta de que el e os seus irmáns nunca van a escola cando fai bo tempo, que sempre está conxelado, que nunca come nada no comedor aínda que sempre compra un montón de comida que ao final lle acaba dando a ela cando se sentan xuntos no comedor... Estes e máis sucesos lévana a preguntarlle ao seu amigo da infancia, Jacob, e el cóntalle as lendas que escoita nas reunións ás que asiste, xa que el pertence a unha tribu chamada a Tribu dos Quileutes. As lendas din que os Cullen son vampiros e isto deixa a Bella un pouco moito sorprendida. Decide buscar respostas en internet seino, internet moi fiable si e claramente non saca nada que pareza remotamente certo. 

Bella fai unha viaxe con dúas amigas do instituto a Port Angeles, unha cidade non moi lonxe de Forks, e por circunstacias da vida acaba con Edward, quen se ofrece a levala a casa e durante ese traxecto Bella decide preguntarlle e descobre a verdade. Edward é un vampiro.

Non vou seguir contando máis da historia, teredes que ler o libro para descubrir o desenlace!!!! 

A ver, non é o mellor libro que leredes na vosa vida, pero é tragable, ten amor, ten vampiros e creo que nada máis, pero Edward é xenial e eclipsa o resto. Ademais é bastante fácil de ler e é adictivo, queres máis da historia todo o tempo.

Se vedes a película e non ledes o libro, pois a ver, gran error, porque a película non é que sexa a mellor adaptación que vin na miña vida, así que se queredes realmente disfrutar do filme lede o libro e veredes con outros ollos a adaptación.

Xa sabedes...

Ata outra!!!











1 comentario: