venres, 16 de maio de 2014

ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2014

BOAS GALEGOS E GALEGAS!

Xa que mañá será o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano se lle dedican ao poeta e traductor Xosé María Díaz Castro, imos refrescar un pouco a memoria sobre esta data tan especial.


Esta celebración ten o seu comezo o 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, poemario que marcou o comezo do Rexurdimento. Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron a celebración deste día mediante un escrito.  
Neste escrito, hai sete propostas e a maís singnificativa a corde ao por qué da celebración desta data é esta: 


4º.- O millor xeito de o conseguir sería que acordase decrarar Día das Letras Galegas, o 17 de maio de cada ano, a partir do presente. Contaríase así, pra o porvir, cunha xornada oficialmente adicada a honrar ós nosos libros. O día 17 de maio de cada ano viría ser a data destinada a recoller o latexo material da actividade inteleitual galega.

Xa que todo isto comenzou co centenario da obra de Rosalía, ela foi a primeira homenaxeada. E dende 1991 esta data é oficial en Galicia e é un día festivo para todos os galegos.   Wiiii :)

Aquí vos deixamos todos os homenaxeados ata o momento, seguro que moitos dos nomes que aparecen neste listado vos soa.
  • Rosalía de Castro -1963
  • Daniel Rodríguez Castelao - 1964
  • Eduardo Pondal - 1965
  • Francisco Añón -1966
  • Manuel Curros Enríquez -1967
  • Florentino López Cuevillas -1968
  • Antonio Noriega Varela -1969
  • Marcial Valladares Núñez -1970
  • Gonzalo López Abente -1971
  • Valentín Lamas Carvajal -1972
  • Manuel Lago Gonzáles -1973
  • Xoán Vicente Viqueira -1974
  • Xoán Manuel Pintos -1975
  • Ramón Cabanilas -1976
  • Antón Villar Ponte -1977
  • Antonio López Ferreiro -1978
  • Manuel Antonio -1979
  • Afonso X o Sabio -1980
  • Vicente Risco -1981
  • Luís Amado Carballo -1982
  • Manuel Leiras Pulpeiro -1983
  • Armando Cotarelo Valledor -1984
  • Antón Losada Diéguez -1985
  • Aquilino Iglesia Alvariño -1986
  • Francisca Herrera Garrido -1987
  • Ramón Otero Pedrayo -1988
  • Celso Emilio Ferreiro -1989
  • Luís Pimentel -1990
  • Álvaro Cunqueiro -1991
  • Fermín Bouza-Brey -1992
  • Eduardo Blanco Amor -1993
  • Luís Seone -1994
  • Rafael Dieste -1995
  • Xesús Ferro Couselo -1996
  • Ánxel Fole -1997
  • Trobadores da ría de Vigo -1998
  • Roberto Blanco Torres -1999
  • Manuel Murguía - 2000
  • Eladio Rodríguez González - 2001
  • Frei Martín Sarmiento - 2002
  • Avilés de Taramancos - 2003
  • Xaquín Lorenzo Fernández - 2004
  • Manuel Lorenzo Varela - 2005
  • Manuel Lugrís Freire - 2006
  • María Mariño - 2007
  • Xosé María Álvarez Blázquez - 2008
  • Ramón Piñeiro - 2009
  • Uxío Novoneyra - 2010
  • Lois Pereiro - 2011
  • Valentín Paz Andrade - 2012
  • Roberto Vidal Bolaño - 2013
  • Xosé María Díaz Castro - 2014
Para maior información sobre este día tan sinalado para todos os galeg@s, tedes aquí o enlace a páxina web oficial. Nel  tamén poderedes atopar todo o que queirades saber sobre calquera dos galegos mencionados na anterior lista! 

Mañá máis sobre o gran galego protagonista deste ano: Xosé Mª Díaz Castro!! 

Aburiño!!! :)


Ningún comentario:

Publicar un comentario