sábado, 17 de maio de 2014

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO


O gran protagonista do día de hoxe é o galego, escritor e traductor  Xosé María Díaz Castro (1914-1990). Naceu na parroquia d' Os Vilares e viviu moi unido a esta paisaxe e lugar a carón da Serra de Montouto, onde vai nacendo a Terra Chá. 

Estivo un tempo en Madrid, traballando como traductor e regresou tras xubilarse a Galicia, a súa terra querida.

Está considerado un autor dunha soa obra, xa que só publicou unha: Nimbos (1961).



Non queremos estendernos máis contándovos a súa vida dunha maneira tan rollazo así que deixámosvos aquí un informativo incríble sobre a vida e a obra de Díaz Castro, contada dunha mellor forma. Os nosos parabéns ao alumnado do CPI Os Dices (Rois), fixestes un traballo xenial!!!!! Sodes uns fenómenos!! 




E aquí o gran e destacable poema do homenaxeado deste ano :

"Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

                    Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

"Penélope", Xosé Mª Díaz Castro


"Penélope" é o poema máis editado e traducido de Díaz Castro sen dúbida. Nel denuncia a apatía que hai no país, xa que aínda que avanzamos acabamos volvendo ao punto de partida. 

Temos que dicir que o que máis nos impresionou do poema é o seu título, xa que está moi ben pensado, porque fai referencia a muller de Ulises, Penélope, que destecía todas as noites o que tecía pola mañá, debido a promesa que lle fixera aos seus pretendentes. A promesa era que cando acabara o sudario que lle estaba tecendo ao seu marido ela elixiría a un deles para casar. Un título moi ben pensado coma todos os poemas deste  gran escritor.


Ao longo de toda esta xornada levaránse a cabo numerosos actos de homenaxe a este autor. Os que  vivides na cidade tedes maior acceso a estes actos, así que non dubidedes en ir presencialos!!!

Aquí remata a nosa pequena difusión sobre o gran día de hoxe!!!!!!!! Esperamos que o celebredes como se debe.

Ata outra!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario