venres, 10 de marzo de 2017

"O impacto dun libro" - Jorge Méndez Blake


"O impacto dun libro"

A Literatura é Arte, a Escultura é Arte, a Fotografía é Arte pero...que pasa cando xuntamos todo? Pois pasa que atopamos cousas coma esta:



Que qué é diredes. Pois nin mais nin menos que una Obra de Arte, das moitas que nos quedan por facer no mundo. Esta pertence ao mexicano Jorge Méndez Blake, quen decidiu facer un muro (moitos se queren constuir últimamente!!) cuxo orden de perfección se viu alterada, alterada por un libro ("El Castillo" de Franz Kafka).

É algo tan simple: unha morea de ladrillos apilados e un libro. Pero di tanto...
O autor quixo transmitirnos esa contrariedade contra o sistema, a través duhna metáfora, dende o meu punto de vista, boísima: o libro sería a persoa, e o muro representaría a parede dun castelo (título do libro) contra a que hai que loitar.
Ademáis, indo un pouquiño máis aló, o primeiro que se me ocorreu cando o vin, foi esa idea de que culturizándote, lendo libros, vendo mundos, creas irregularidades nunha sociedade na que moitos parecen ser iguales e neutrales ladrillos. Para min, este muro representa a exclusividade e a idea de que non todo está perdido.

O outro día na clase de historia estabamos a falar da Guerra Civil española e a mestra preguntounos qué significaba a alfabetización, a capacidade de ir á escola e absorber coñecementos, para unha sociedade. Nós respondemos cousas como: significa saber escribir, poder volverte adicto aos libros, máis oportunidades para atopar un traballo... 
Ao que a profesora nos respondeu que era correcto, pero engadiu: "a alfabetización significa liberdade". E foi entón cando sentín a sensación esa de cando din una boa frase nun libro. Vin a luz entre a escuridade do túnel, porque nese momento creo que non había ninguén máis no mundo que tivese máis razón ca ela. A alfabetización significa liberdade de pensamento, e a liberdade de pensamento significa irregularidades nos muros, significa máis opcións, significa a liberdade indivual como persoa para crer, pensar e vivir, e iso é algo que ningún sistema pode destruir. Así que derribemos muros, creemos irregularidades, sexamos libres.

Que pensades vos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario