sábado, 23 de abril de 2016

Reseña: "El cielo está en cualquier lugar" de Jandy Nelson

"Lennie Walker, de diecisiete años, lectora empedernida y fanática de la música, es segundo clarinete de la banda de su instituto. Vive feliz y sin contratiempos a la sombra de Bailey, su impetuosa hermana mayor. Pero cuando Bailey muere repentinamente, Lennie se convierte en protagonista de su propia vida...Y , aunque nunca había salido con ningún chico, de pronto se encuentra intentando compatibilizar a dos. Toby era el novio de Bailey; Lennie se identifica con el dolor que siente, Joe es el chico nuevo del pueblo, acaba de llegar de París y su sonrisa casi mágica sólo puede compararse con su talento musical. Para Lennie son el sol y la luna: uno la saca de su pesar mientras el otro le ofrece consuelo. Aunque, al igual que los propios cuerpos celestes, si llegan a chocar estallará el mundo entero."
Boas, queridos lectores! 

Un día máis, estamos aquí para falarvos dunha historia conmovedora e moi romántica. Trátase do libro de Jandy Nelson, El cielo está en cualquier lugar.

Un aviso moi importante antes de comezar a falar de nada. Polo voso ben, nin se vos ocorra ler o resumo da Wikipedia nin de Casa del libro, conteñen spoilers que poden fastidiarvos o libro.


Como puidéchedes ler na sinopse, Lennie é unha rapaza normal e corrente, cuxo libro favorito é Cumbres borrascas, seino, vaia sorpresa! outra prota dun libro á que lle gusta este libro cunha irmá maior, Bailey, quen por cousas da vida falece dun ataque repentino. Súa irmá era a súa mellor amiga, era unha peza vital para ela na súa vida e aféctalle moitísimo que agora xa non estea, porque era a súa guía para todo e a que tomaba decisión polas dúas. De feito, Lennie hai un momento que se compara cun pony que sigue a un cabalo (súa irmá) e é unha metáfora boísima porque cando les o libro dáche a sensación de que ela estivo nunha burbulla todo ese tempo e que agora que morreu Bailey, ve a realidade.

Resulta que a irmá tiña un mozo, Toby, pois, claro está, o rapaz atópase destruído pola morte dela e busca apoio moral en Lennie e esta como comprende completamente polo que está pasando Toby e, ademais, síntese identificada ca súa dor, intenta axudalo. O que pasa é que esta conexión que teñen debido a dor pola pérdida acaba convertíndose en algo máis: nunha estraña relación, porque non é unha relación, en ningún momento o definen así, pero non poden evitar iso que os leva a bicarse. 

Na vida de Lennie entra outra persoa, un rapaz novo no lugar que se chama Joe. Joe nunca coñeceu a Bailey, porque el mudouse de Francia ao pobo onde vive Lennie despois da morte de súa irmá. É un rapaz que lle fai querer ser feliz e loitar polo que quere, que a ela lle dá moita felicidade porque sempre a mira cun sorriso na cara e que lle fai esquecer que súa irmá morreu. 

Despois de todo iso, atopamos que Lennie non recorda a súa nai, non porque ela teña amnesia ou algo así, senón porque súa nai deixounas con súa avoa cando ela só tiña 1 ano, máis ou menos, e Bailey coma 3, creo. A súa avoa sempre lles di que súa nai vai volver algún día e que marchou porque tiña o "xen inquedo". Ti les eso e pensas, vaia conto chino, abandonounas e punto, pero as rapazas realmente querían crer o que lles dicía porque a realidade era demasiado dura para aceptala e afrontala. Isto de non medrar cunha nai ao seu lado afectounas, por iso o vínculo que mantiñan as dúas irmás era moi forte. Bailey era a constante de Lennie, a que lle dicía que nunca ía deixala como o fixo súa nai, pero por desgraza non puido cumprir a súa promesa e tivo que deixar a Lennie soa neste mundo.

Lennie pensaba que coñecía completamente a súa irmá e que sabía todos os seus segredos, pero conforme vai pasando o tempo, vai descubrindo cousas de Bailey das que non tiña constancia da súa existencia. Entón empeza a cuestionarse de se realmente sabía o que súa irmá quería na vida e empeza a darse de conta de que ten que tomar as rendas da súa vida e ser o cabalo guiador e deixarse de ser o pony aí é cando empeza o bo.

A "relación" que ten con Toby é rarísima, ao principio resultábame incomprensible como podía facer eso é o mozo de túa irmá, mala pécora, pero despois empezas a pensar que os dous o están pasando fatal e que ao estar xuntos síntense cerca dela e parece que ten algún sentido a min costoume entendelo. Pero decátaste de que non quere ao mozo de súa irmá, só está con el porque ten unha conexión con Bailey, non porque Lennie o queira dunha forma romántica.

Por outra parte está Joe. Joe... Aiii Joe.... Joe é o home perfecto, sabe de música, toca moitos instrumentos e sabe de literatura, que máis se pode pedir? Como xa dixen antes, trae alegría a vida de Lennie e esta quéreo e nótase que o quere, está namorada del e el corresponde ao seu amor, pero todo o mundo sabe que non podes estar con dúas persoas ao mesmo tempo...

O libro trata, basicamente, da vida de Lennie despois da morte de súa irmá e a súa entrada no mundo do amor e das relacións. Ademais hai como anotacións feitas por Lennie en vasos de plástico, en árbores, en panos de mesa, etc. e son realmente interesantes porque che fan comprender máis a protagonista.

Teño que confesar que chorei con esta historia, non o puiden evitar, é moi bonita e aínda che fai pensar algo, que sempre está ben algo de reflexión mentres lemos. Chegoume á pataca e recoméndovolo, porque non ten unha extensión excesiva, unhas 300 e algo de páxinas que iso para un lector non é nada. 

Nada máis que engadir, así que xa sabedes...



Agardamos que pasedes un moi, moi bo DÍA DO LIBRO!!! 
Aburiño!

Ningún comentario:

Publicar un comentario