mércores, 27 de xaneiro de 2016

Reseña: "Yo antes de ti" de Jojo Moyes

"Louisa Clark sabe muchas cosas. Sabe cuántos pasos hay entre la parada del autobús y su casa. Sabe que le gusta trabajar en el café The Buttered Bun y sabe que quizá no quiera a su novio Patrick. Lo que Lou no sabe es que está a punto de perder su trabajo o que son sus pequeñas rutinas las que la mantienen en su sano juicio. Will Traynor sabe que un accidente de moto se llevó sus ganas de vivir. Sabe que ahora todo le parece insignificante y triste y sabe exactamente cómo va a ponerle fin. Lo que Will no sabe es que Lou está a punto de irrumpir en su mundo con una explosión de color. Y ninguno de los dos sabe que va a cambiar al otro para siempre. Yo antes de ti reúne a dos personas que no podrían tener menos en común en una novela conmovedoramente romántica con una pregunta: ¿qué decidirías cuando hacer feliz a la persona a la que amas significa también destrozarte el corazón?"


Ola de novo, lectores!

Hoxe vamos falar dun libro que deixa resaca, un libro que despois de acabar de lelo necesitas uns días para asimilalo e ese libro é Yo antes de ti de Jojo Moyes.

Lou Clark é unha muller cunha vida normal, con familia, con traballo e cun mozo. Pero un día vese sen traballo e entón ten que emprender a dura tarefa de atopar outro e así é como coñece a Will, un home marcado pola traxedia. Lou comeza a traballar para el e aí comeza todo...

Se vos digo a verdade non vos podo contar moito da historia porque entón faríavos spoiler e ninguén quere iso, pero si me gustaría falarvos deles dous, dos protagonistas desta historia. 

Lou, coma xa dixen antes, ten o seu mundo en perfecta harmonía e é unha persoa extravagante e chea de vida, viste de cores non anda moito a moda que digamos, pero podemos dicir que se trata dunha persoa con moita personalidade. E coñece a Will e Will faralle dubidar das decisións que tome, faralle dubidar se en realidade lle gusta a vida que leva, faralle cuestionarse a súa existencia.


"Tenía veintiséis años y no sabía quién era. Hasta que perdí el trabajo ni siquiera me lo había planteado."

Will, meu deus, Will... Adorei o personaxe de Will. Tamén era un home cheo de vida con obxectivos, coas cousas claras, pero un día, un día cambia todo e sabe que nada vai volver a ser igual e el sábeo. Sabe que el cambiou, que non é o mesmo que era, sabe que non pode ser o mesmo que era e é triste, tan triste, tan sumamente triste que non só lle fará replantearse as cousas a Lou, senón a nós tamén, ao lector que le as súas palabras.


"Solo... quiero ser un hombre que ha ido a un concierto con una chica vestida de rojo."

Non teño palabras para describir este libro, foi absolutamente incrible, tiven o corazón nun puño durante toda a historia e si, tardei días en asimilalo e tardei tamén uns días en coller outro libro. É xenial, en serio, merece a pena, porque sentíase como que iso que a escritora nos transmite a través do punto de vista de Lou pode pasar na realidade. Non é unha historia de amor coma as de sempre, non é Cincuentas sombras de Grey, non é un libro no que sepamos que vai ter un final feliz coma os de Megan Maxwell, é un libro, un señor libro. Lédeo xa!!!!!

"Solo se vive una vez. En realidad, es tu deber que sea una vida plena."

Infórmovos de que fixeron unha adaptación cinematográfica deste libro na que os actores Emilia Clarke (Daenerys Targaryen en Juego de Tronos) interpreta a Lou e Sam Claflin (Finnick Odair en Los juegos del hambre) a Will. Xa está gravada a película e todo.A data de estrea está programada para o 4 de marzo de 2016, según a Wikipedia en inglés. Non vos aconsello mirar imaxes do filme nin nada, é mellor que leades primeiro o libro e despois vos informedes da película! O que avisa non é traidor...

Non teño nada máis que engadir, lédeo e xulgade por vós mesmos e non vos esquezades de comentar as vosas opinións!!!

Xa sabedes...


Ata logo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario