xoves, 20 de agosto de 2015

Reseña e filme de "Ciudades de papel", John Green

Boas queridos lectores!! Aquí estamos de novo e desta vez voltamos con outro libro dun dos meus escritores favoritos: John Green!


"No seu último ano de instituto, Quentin non aprobou nin en popularidade nin nos asuntos do corazón … Mais todo cambia cando a súa veciña , a mítica, inalcanzable e misteriosa Margo Roth Spiegelman, se presenta no medio da noite para propoñerlle que o acompañe nun plan de vinganza inaudito. Despois dunha cargadiña noite que reaviva o vínculo dunha infancia compartida e semella selar un novo destino para os dous, Margo desaparece deixando tras súa un inquietante cerco de pistas.  


Cun estilo único que mestura humor e sensibilidade, John Green, o autor de Bajo la misma estrella, constrúe unha emotiva historia que lle da a vida un inesquecible elenco de personaxes. Gañadora do prestixioso premio Edgar, Ciudades de papel  trata temas como a amizade, o amor e a identidade para facernos unha pregunta: vemos nos demais, e en nós mesmos, só aquilo que queremos ver?" 

Unha vez máis John Green non deixa de sorprenderme coa súa curiosa e impecable escritura. Este é o terceiro libro que leo del e cada un é unha obra única que non se pode comparar a ningún outro libro ou dicir que “é o típico libro no que dous adolescentes se namoran e viven felices para sempre”.

Quentin (alias Q) é o narrador da historia e comeza relatando que de entre todas  as posibles cousas que lle podían pasar a el, tocoulle o milagre de vivir porta con porta con Margo Roth Spiegelman.

O meu milagre foi o seguinte: de entre todas as casas de todas as urbanizacións de toda Florida, acabei vivindo na porta do lado de Margo Roth Spiegelman.”

Cando Margo e Q tiñan nove anos eran moi amigos grazas a boa relación que os seus pais mantiñan, así que adoitaban xogar xuntos. Ata que un día, dando un paseo en bici polo parque, atopan un cadáver cheo de sangue aos pés do vello carballo. Esa mesma noite Margo faille unha visita a Q a través da súa ventá e cóntalle todo o que investigou sobre o cadáver.

-Creo que quizais xa sei por qué –dixo finalmente.
 -Por qué?
 -Quizais rompéronlle os fíos por dentro” –contestoume.

Creo que esta parte foi unha das máis desconcertantes de todo o libro porque os rapaces manteñen unha conversación un tanto rara e Margo actúa dun xeito  aínda máis raro. É difícil de explicar a maneira na que se comportaba Margo ese día; por exemplo, cando Q se despide para ir durmir, ela queda mirando fixamente algo detrás do protagonista e vira branca como se houbese algún monstro ou algo, pero cando Quentin dá a volta non ve nada … agás quizais o tempo morto.”

A Margo gustábanlle tanto os misterios que, tal e como pensou Q esa noite, chegouse a converter nun.

Anos despois, cando eles estaban cursando o seu último ano de secundaria, a súa amizade era practicamente nula, xa non se falaban nin andaban xuntos; pero Margo (que era unha rapariga moi popular na escola) mantiña afastados os rapaces populares que se ían de chulitos e lles pegaban os que eran “inferiores” coma Quentin, Radar ou Ben.  
 
A noite do 5 de maio, Margo Roth Spiegelman abriu a ventá da habitación de Q e díxolle que tiña que facer 11 cousas (das cales 10 son parte dun plan de vinganza contra o ex mozo de Margo e algúns das súas ex amigas) e que o necesitaba a el como condutor. E así é como  comeza a gran aventura do namorado protagonista e da súa extravagante veciña. 
 
Ao día seguinte Margo non aparece na escola e Q pensa que ela marchara a facer algunha das súas moitas locuras polo mundo, sen el. 

"Quero dicir que está facendo as súas cousas. Montándose historias. Poñendo o mundo patas arriba".

Pero antes de marchar Margo déixalle pistas a Quentin pa que a encontre e a partir de aquí todo sucede nun sen fin de aventuras que espero que leades. 
 
Realmente recomendo este libro porque é unha gran aventura chea de moito misterio, partes graciosas como cando Ben fala sobre "as pivas" ( creo que ten unha gran obsesión con iso), cando Quentin nós conta a gran colección de Santa Claus negros do mundo que os pais de Radar ou como Margo e Q se vingan de Chuck afeitándolle unha cella mentres el dorme (ao día seguinte el aparece na escola sen cellas, xa que decide que é mellor estar sen dúas cellas que andar cunha soa JAJAJA) e unha pequena historia de amor tapada por toda esa aventura. 
 
Espero que vos animedes a ler o libro e despois que vaiades ao cine vela película porque é unha gran adaptación que, menos mal, é fiel ao libro. Incluso aparece a espada feita de latas de cervexas de Ben!! Recordemos que nesa parte fan a promesa de presentarse na súa graduación só coa toga, sen nada por debaixo (outra das partes graciosas do libro). 
 

Realmente amei este libro, si ...


Velaquí vos deixamos o tráiler deste grandioso filme... 

 

... e unha foto dos dous protagonistas principais e o autor do libro.

Natt Wolff (Quentin),Cara Delevingne (Margo) e John Green
UN SAÚDOS A TOD@S, LECTORES!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario