luns, 24 de novembro de 2014

NOVAS FRESCAS

Ben queridos lectores e lectoras: 

Queremos informarvos das novas adquisicións deste blog. Como podedes ver na columna da esquerda podedes atopar un chat para que poidades comentarnos o que queirades, se tedes algunha suxestión ou algunha queixa sobre este espazo ou o que sexa que queirades dicir. Tamén podedes enviarnos algún mail se queredes e xa sabedes onde podedes atopar o noso enderezo, na pestana de Contacto!!!!!! E recordade non dubidedes en comentar en calquera das publicacións, estamos encantadísimas de recibir comentarios vosos!!!!!!!

Tamén abrimos unha nova pestana chamada Chuvia de frases, nela atoparedes miles de citas de libros ou que teñen que ver coa literatura. Imos intentar colgar cando teñamos tempo novas frases para que non teñades que ler sempre as mesmas. Pasádevos por ela, non ten perda ningunha!!!! 

E por último dar as grazas por visitar o noso blog...

XA TEMOS MÁIS DE 1000 VISITAS!!!!!!!


Esperamos que sigades visitándonos e que sigades disfrutando deste espazo literario! GRAZAS E MIL VECES GRAZAS!!!!!!!!!!!

Abur!!!!

2 comentarios: